Os efectos mecánicos (denominados tamén efectos prácticos ou
físicos) son os que se realizan durante a rodaxe en vivo da película. Estos
inclúen marionetas mecánicas, escenografía e pirotecnia. Ademais de ser aqueles
cos que se crean escenas como a choiva, disparos, destrución de murallas etc. os
efectos mecánicos máis elaborados son os utilizados na técnica chamada
animatrónica. En Parque Jurásico (1993), por exemplo, se utilizaron, xunto aos
verdadeiros actores, dinosaurios animatrónicos deseñados polo equipo de
especialistas de Stan Winston.
os animatrónicos utilízanse en situacións en que non existe
unha criatura determinada, a acción é demasiado arriscada ou custosa para o uso
de actores ou animais reais, ou a acción nunca se pode obter cunha persoa viva
ou animal. A súa vantaxe principal sobre as imaxes xeradas por ordenador e stop
motion é que a criatura simulada ten unha presencia física que se move diante da
cámara en tempo real.