sábado, 17 de noviembre de 2018

corrección de cor

En moitas películas, a direción de fotografía está concebida para darlles un aspecto irreal, que resulta moi atractivo e estético que se alonxa do que vemos no noso día a día. As imaxes solen estar contrastadas e iluminadas con cores que lles aportan un maior dramatismo. Unha vez grabas as imaxes e as teñas metidas no programa de edición, podes xogar co contraste, a saturación e grao de cor para obter un look máis interesante. Aumenta lixeiramente o contraste para destacar os negros e aplica unha pequena corrección de cor para cambiar o tono da imaxe.



martes, 6 de noviembre de 2018

Relación de aspecto

Algo moi básico que caracteriza ao cine é esa relación de aspecto que fai que a imaxe sexa ultrapanorámica. Se diferenza do formato 16/9 propio do vídeo en full hd en que a altura da imaxe é menor. Podemos simular esto fácilmente engadindo dúas bandas negras, unha na parte superior e outra na inferior da imaxe ata dar co formato desexado; pero moito ollo, se pensas en engadir estas bandas ao teu vídeo procura grabar con iso en mente porque en montaxe te podes atopar con que as bandas tapan algún elemento importante do encadre.


viernes, 2 de noviembre de 2018

A iluminación

A luz é un elemento imprescindible para a linguaxe cinematográfica. Sen luz, non hai cine, non hai produción audiovisual. A iluminación crea sombras, arrugas, rexuvenece, evellece e crea efectos psicolóxicos do personaxe e en función de onde se coloque cambia a atmosfera da película. E así como os ángulos da cámara, tamén a luz ten ángulos, como a luz cenital, a enfática, lateral, frontal, contraluz.