O stop motion ou animación en volumen é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento
de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. o
fotograma a fotograma se utilízase para producir movementos animados de calquera
obxecto, xa sexa ríxido ou maleable, como por exemplo xoguetes, bloques de
construción, bonecos articulados ou personaxes creados con plastilina. Podería
tamén definirse esta técnica como animación artesanal, debido a que se constrúe
o movemento manipulando un obxecto, coas propias mans, fotograma a fotograma. trabállanse
diversos materiais (plastilina, arena, recortes de papel, xiz sobre chans e
muros, etc.) de maneira progresiva, adiante, sen posibilidade algunha de
retroceso.
Existen moitos procedementos de animación fotograma a
fotograma, esto é debido a que esta técnica de animación é un procedemento
artístico e cada autor adecúa dicha técnica a aquelo que quere expresar. Por elo
a animación fotograma a fotograma posee una gran riqueza de métodos e
variantes.
Poderíamos distinguir dúas grandes variantes de animación
fotograma a fotograma: a realizada con plastilina ou calquera outro material
maleable, (coñecido tamén coa denominación inglesa claymation) e a realizada
con obxectos ríxidos.
E do mesmo modo, na animación realizada con obxectos ríxidos
tamén poderíamos diferenciar dúass formas de proceder. Unha é cando se utilizan
personaxes con rostros ríxidos e articulacións construídas xeralmente cunha
armadura articulada interna. A outra forma de proceder é cando se utilizan obxectos
non articulados; o movemento que se xera é máis tosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario