Na sociedade cada vez máis conectada na que vivimos, a
publicidade está en todas partes. Resulta practicamente imposible escapar dela
a pesar do avance de fenómenos como o ad blocking.
Está presente en todos os dispositivos e medios de
comunicación. É omnipresente. Pero, a pesar de todo, a televisión continúa
posicionada como a mellor das plataformas cando se trata de chegar a grandes
masas de público. Non resulta ningunha sorpresa se temos en conta as cifras de
inversión publicitaria.
Pero hoxe non queremos falar de métricas. Queremos facelo do
que realmente fai que a publicidade en televisión alcance as súas metas e
cumpra cos obxectivos. Para elo tomamos como referencia o análise realizado por
Nielsen centrada nos anuncios que mellor
funcionaron en 2016.
Para elo a firma centrouse en dous parámetros clave: o punto
de recordo xerado pola campaña entre os espectadores e a correcta
identificación coa marca. Todo analizado 24 horas despois da exposición a estes
anuncios
¿Que é o que fai que un anuncio destaque?
1. Historias simples e optimistas
Captar e manter a
atención do espectador resulta cada vez máis unha tarefa máis complicada. E
máis se temos en conta que o 64% dos consumidores declara que utiliza outro
dispositivo mentres ve a TV, de acordo aos datos ofrecidos por eMarketer.
Razón pola que temos que ofrecer historias claras,
optimistas e fáciles de enganchar aos espectadores. Ningún dos mellores
anuncios do 2016 presenta cortes ou historias excesivamente creativas. Se
centran en pezas directas que narran utilizando un pequeno número de recursos a
través dos que se integra a marca.
2. Iconos de marca
Os iconos de marca axudan a vincular esta de forma sinxela
co contido creativo que as presenta. Todos os anuncios contan con campañas que
podemos denominar de “legado”, que xiran arredor de iconos de marca recoñecibles
por todos.
3. a marca ten que aparecer pronto
Nielsen, do brazo da neurociencia identificou que os
espectadores mostran maiores índices de compromiso con un anuncio durante os
seus primeros 10 segundos. Este é o espazo de tempo que, como máximo, a súa
marca debe tardar en aparecer en escena.
4. Hai que construír una conexión emocional
Empatía e anuncios emocionalmente evocadores. Dous elementos
que combinados da forma correcta teñen un poderoso efecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario