domingo, 28 de octubre de 2018

A cor

A cor é moi importante porque con esta, se lle da ás imxes un valor cognoscitivo. Cada cor transmite un sentimento polo que os creadores de contido xogan con ese factor para que en cada escena sintamos o que o director queira. Esta técnica tamén é usada nas marcas para que consumamos o seu produto, por exemplo, cando pensas en comida rápida pensas no vermello e amarelo, xa que son as cores de Mcdonalds ou Burger King. Estas empresas elixiron esas cores xa que o vermello transmite hambre e o amarillo felicidade.



viernes, 26 de octubre de 2018

O son

O son é sumamente importante porque vén sendo como o 50% ou máis do noso produto audiovisual. Se temos un vídeo cunha imaxe moi boa pero o son é pésimo, corremos o riesgo de perder á nosa audiencia.
A música ou banda sonora, o diálogo, os efectos sonoros e incluso os silencios son partes do son e este nos axuda a darlle sentido e realismo á nosa historia. Podes comprobalo se te imaxinas a túa escena favorita de calquer película pero co son erróneo.


domingo, 21 de octubre de 2018

O ritmo fílmico


O ritmo é unha impresión dinámica creada pola duración dos planos, polas intensidades dramáticas e polo efecto da montaxe. O ritmo pode ser rápido ou lento e dará sentido á nosa escena.
Está composto por tres tipos de ritmos: o visual interno ou externo, que é a imaxe en movemento composta por fotogramas que vemos proxectada; o auditivo que se compón de sons incidentais e a banda sonora;  e o narrativo representado polo desenvolvemento da acción e encadre.
El ritmo depende do tempo, do tema e do dramatismo da escena.

viernes, 19 de octubre de 2018

montaxe ou edición

Montar ou editar é o proceso mendiante o cal seleccionamos planos, ordeamos e modificamos a súa forma e contido. A maneira de colocar os diversos planos pode cambiar completamente o sentido. 
Kulechov descubriu que a orde da yuxtaposición de planos de actores con outros obxectos podían modificar substancialmente o significado da mensaxe. 
Por exemplo, realizáronse tres composiciones as cales tiñan todas un primeiro plano do actor Mosjukhin, pero variaba o segundo plano; nun había un plano de comida, noutro un féretro e no último unha nena pequena. O primeiro público o atopou pensativo, o segundo triste e o terceiro complicado.
No seguinte enlace aparece o vídeo do efecto Kulechov: https://www.youtube.com/watch?v=_gGl3LJ7vHc

domingo, 14 de octubre de 2018

Os movementos de cámara

Os movementos de cámara os podemos considerar como unha técnica que nos axudarán a darlle cadencia aos nosos vídeos. Poden ser:
Paneo: a cámara xira sobre o seu propio eixe.
Tilt: a cámara sube e baixa.
Traveling: movemento da cámara sobre un vehículo como rieles. A súa finalidade é seguir ao actor ou para planos descriptivos.
Grúas: pode elevar a cámara desde o ras do solo ata certa distancia en metros, dependendo o seu tamaño.
Feedback: o zoom é un movemento gradual de lente, onde se realizan acercamentos ou alonxamentos ópticos, mentres a cámara permanece fixa.








viernes, 12 de octubre de 2018

Planos segundo o seu ángulo

Os ángulos axúdannos a dar un sentido e un sugnificado á nosa historia.
Plano en picado: a acción cáptase desde enriba, utilízase para empequeñecer ou ridiculizar a un personaxe, polo que busca efectos de inferioridade, angustia e soidade.
Plano en contrapicado: a acción cáptase desde abaixo, se utiliza para transmitir superioridade, grandeza e soberbia.
Plano cenital: a cámara sitúase completamente por encima do personaxe, nun ángulo perpendicular.
Plano nadir: se sitúa completamente por debaixo do personaxe, nun ángulo perpendicular ao solo.
ángulo holandés: a cámara está lixeiramente inclinada, normalmente uns 45 graos. Transmite acción, movemento, inquietude e inestabilidade.






domingo, 7 de octubre de 2018

Os planos no cine

Os planos axúdannos a determinar a importancia dos personaxes ou de obxectos dentro da historia.Existen varios tipos:
Gran plano xeral: mostra un escenario, unha multitude ou unha paisaxe. Ten un valor descriptivo que nos permite situarnos nun punto xeográfico
Plano xeral: presenta aos personaxes de corpo enteiro e mostra con detalle o entorno que os rodea.
Plano enteiro: encadra á figura enteira do personaxe a tomar dos pés á cabeza.
Plano americano ou medio longo: recorta a figura pola rodilla á cabeza
Plano medio: este recorta o corpo pola cintura e se utiliza normalmente en entrevistas e conversacións entre personaxes.
Plano medio curto ou busto: capta o corpo desde a cabeza ata a metade do peito e permite aislar á unha soa figura polo que o entorno non é importante.
Primeiro plano: abarco o rostro e os hombros mostrando con claridade os xestos e as expresións producidas polo sentimento que o actor quere transmitir.
Primeirísimo primer plano: este capta o rostro desde a base do mentón ata a punta da cabeza, dota de gran significado á imaxe.
Plano detalle: sirve para mostrar durante un tempo curto un obxecto ou unha zona específica do corpo humano.

Resultado de imagen de plano general ejemplo









viernes, 5 de octubre de 2018

Os trucos do cine

Benvidos ao meu blog. Neste blog falarei de todo o relacionado co cine, coa televisión e un pouco da radio.
Nesta primeira entrada estarei falando de todos os trucos que utilizan e que todos nos preguntamos como o fan.
O primeiro do que falarei é nas escenas nas que os actores fuman. Como siempre se repiten as tomas, os cigarros que fuman están feitos de ingredentes naturais. Relacionado co tabaco, falarei das drogas. En moitas películas aparecen actores esnifando "cocaína" pero en realidade trátase de lactosa en polvo ou poñen vaselina nun tubo para que o polvo non entre.
Por outra parte, o sangue que se utiliza normalmente está feito de sirope e colorante alimenticio. Cando as películas eran en branco e negro, utilizabase sirope de chocolate con agua, esta fórmula utilizouse na película "Psicósis".
Outras escenas moi famosas son cando os actores dan un botellazo a outros. Esas botellas están feitas de azucre. Pero cando se trata de moito cristal úsanse finas láminas de plástico.