No ano 2005 o formato máis estendido na televisión é o HD
Ready. 720 liñas que comezan a facer posible a entrada da alta definición nos
nosos fogares. En principio solo se lle sacaba partido para ver películas cos
nosos reprodutores dixitais, pero pronto, co paso da emisión analóxica ao TDT, e
as emisións dixitais a cousa cambiaría.
o apagón analóxico non chegou ata cinco anos máis tarde, xa
en 2010. entre tanto o formato Full HD, con 1080 píxeles imponse en 2007 na maioría
de modelos de televisores no mercado. o salto á alta definición completouse e
parece que non nos queda nada máis por ver.
o seguinte salto tecnolóxico chega en 2009, cando comézanse a
popularizar a televisión en 3D. a visualización con ou sen gafas, onde os
reprodutores Blue-Ray para películas 3D van da man. Sen embargo non é unha
tecnoloxía que remate de convencer do todo.
A chegada en 2010 dos
primeiros modelos de Smart TV si que supón un gran salto tecnolóxico
importante. Internet chega ao televisor dunha forma cómoda. ata entón ou dispoñíamos
dun ordenador conectado ao televisor ou nos podíamos ir esquecendo. A Smart TV simplifica todo este proceso e nos
pon Internet no mando a distancia, a un golpe de clic.
Quizais o penúltimo salto tecnolóxico sexa a chegada de
televisores UHD coa Ultra alta definición, que multiplica por catro a calidade
que ata agora disfrutábamos nos televisores Full HD. Comézanse a introducir no mercado
en 2012 e supoñen unha importante mellora na calidade da imaxe que podemos
disfrutar.
a última aposta do mundo da tecnoloxía foi a chegada do
televisor curvo. Estas novas pantallas, que incorporan as últimas novidades en
canto a calidade de imaxe, propoñen unha experiencia inmersiva que marca un
antes e un despois á hora de disfrutar do televisor no noso fogar.
O televisor curvo ofrécenos un visionado uniforme e mellora o
efecto panorámico das grandes pantallas. Ademais os novos avances tecnolóxicos
que incorporan ofrecen unha imaxe moito máis real.
No hay comentarios:
Publicar un comentario