martes, 5 de marzo de 2019

Efectos mecánicos


Os efectos mecánicos (denominados tamén efectos prácticos ou físicos) son os que se realizan durante a rodaxe en vivo da película. Estos inclúen marionetas mecánicas, escenografía e pirotecnia. Ademais de ser aqueles cos que se crean escenas como a choiva, disparos, destrución de murallas etc. os efectos mecánicos máis elaborados son os utilizados na técnica chamada animatrónica. En Parque Jurásico (1993), por exemplo, se utilizaron, xunto aos verdadeiros actores, dinosaurios animatrónicos deseñados polo equipo de especialistas de Stan Winston.
os animatrónicos utilízanse en situacións en que non existe unha criatura determinada, a acción é demasiado arriscada ou custosa para o uso de actores ou animais reais, ou a acción nunca se pode obter cunha persoa viva ou animal. A súa vantaxe principal sobre as imaxes xeradas por ordenador e stop motion é que a criatura simulada ten unha presencia física que se move diante da cámara en tempo real.



Rotoscopia


A rotoscopia é unha técnica na que sobre unha mesa transparente son proxectados simultaneamente dous planos mentres un animador pinta ou debuxa un obxecto sobre un dos dous planos. Esta técnica, inventada polos estadounidenses Dave Fleischer y Max Fleischer en 1915, foi utilizada en 1977 para o brillo dos sables láser da película La guerra de las galaxias. consiste, esencialmente, en reemplazar os fotogramas dunha filmación real por debuxos «calcados» sobre cada fotograma. Así se transmite ao debuxo a naturalidade e secuencialidade de movementos, expresións, luces, sombras e proporcións propias da filmación orixinal que serviu de base para a animación. á técnica de animación mediante o uso dun rotoscopio chámaselle «rotoscopia», «rotoscopiado» o «rotoscopado».



Matte painting


Nesta técnica píntase un decorado sobre unha placa de vidro, deixando libre de pintura (e por tanto transparente) a zona do plano onde deberá verse aos actores. Cando se proxecta a filmación dos actores detrás da placa de vidro, a cámara pode filmar o conxunto, dando a sensación de que os actores están insertados no decorado pintado. Canto máis realista sexa a pintura sobre vidro mellor conseguida estará a sensación de realidade. Entre as primeiras películas que utilizaron esta técnica estiveron King Kong, ou Ciudadano Kane. Outros exemplos de grandes producións que usaron matte paintings son Star Wars, ET, Blade Runner, El señor de los anillos, Avatar ou Transformers. 



retroproxección


 A retroproxección é unha técnica na que actores reais son filmados simultáneamente a unha proxección sobre unha pantalla que se atopa detrás de elos. Esta técnica foi utilizada por exemplo para rodar unha escena da película ”Con la muerte en los talones”. Nesa escena vense planos nos que Cary Grant tírase ao chan mentres un avión échaselle encima para asasinalo. o actor tirábase ao chan dun decorado mentres detrás, sobre unha pantalla de cine, estábase proxectando  plano do avión acercándose frontalmente a toda velocidade.
a retroproxección permite que un actor ou un obxecto poidan verse diante dun plano proxectado contra unha pantalla que se atopa xusto detrás. Sen embargo esto non permite que a cámara que está filmando o conxunto poida moverse. En 1978, para a película Superman, Zoran Perisic ideou a técnica zoptic, que consiste en dotar ao proxector dun zum sincronizado con outro zum, situado á súa vez na cámara que filma o plano. Deste modo cando a cámara aproxímase a Superman mentres que este está en voo, o plano proxectado detrás aumenta de tamaño na mesma proporción, creando a ilusión de que a cámara está filmando a un home no seu entorno inmediato e que este está realmente voando. 
Escena do avión: https://www.youtube.com/watch?v=RLqaYJsyvEk


Stop motion


O stop motion ou animación en volumen é unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. o fotograma a fotograma se utilízase para producir movementos animados de calquera obxecto, xa sexa ríxido ou maleable, como por exemplo xoguetes, bloques de construción, bonecos articulados ou personaxes creados con plastilina. Podería tamén definirse esta técnica como animación artesanal, debido a que se constrúe o movemento manipulando un obxecto, coas propias mans, fotograma a fotograma. trabállanse diversos materiais (plastilina, arena, recortes de papel, xiz sobre chans e muros, etc.) de maneira progresiva, adiante, sen posibilidade algunha de retroceso.
Existen moitos procedementos de animación fotograma a fotograma, esto é debido a que esta técnica de animación é un procedemento artístico e cada autor adecúa dicha técnica a aquelo que quere expresar. Por elo a animación fotograma a fotograma posee una gran riqueza de métodos e variantes.
Poderíamos distinguir dúas grandes variantes de animación fotograma a fotograma: a realizada con plastilina ou calquera outro material maleable, (coñecido tamén coa denominación inglesa claymation) e a realizada con obxectos ríxidos.
E do mesmo modo, na animación realizada con obxectos ríxidos tamén poderíamos diferenciar dúass formas de proceder. Unha é cando se utilizan personaxes con rostros ríxidos e articulacións construídas xeralmente cunha armadura articulada interna. A outra forma de proceder é cando se utilizan obxectos non articulados; o movemento que se xera é máis tosco.



A evolución da tecnoloxía na TV (2)



No ano 2005 o formato máis estendido na televisión é o HD Ready. 720 liñas que comezan a facer posible a entrada da alta definición nos nosos fogares. En principio solo se lle sacaba partido para ver películas cos nosos reprodutores dixitais, pero pronto, co paso da emisión analóxica ao TDT, e as emisións dixitais a cousa cambiaría.
o apagón analóxico non chegou ata cinco anos máis tarde, xa en 2010. entre tanto o formato Full HD, con 1080 píxeles imponse en 2007 na maioría de modelos de televisores no mercado. o salto á alta definición completouse e parece que non nos queda nada máis por ver.
o seguinte salto tecnolóxico chega en 2009, cando comézanse a popularizar a televisión en 3D. a visualización con ou sen gafas, onde os reprodutores Blue-Ray para películas 3D van da man. Sen embargo non é unha tecnoloxía que remate de convencer do todo.
A  chegada en 2010 dos primeiros modelos de Smart TV si que supón un gran salto tecnolóxico importante. Internet chega ao televisor dunha forma cómoda. ata entón ou dispoñíamos dun ordenador conectado ao televisor ou nos podíamos ir esquecendo. A  Smart TV simplifica todo este proceso e nos pon Internet no mando a distancia, a un golpe de clic.
Quizais o penúltimo salto tecnolóxico sexa a chegada de televisores UHD coa Ultra alta definición, que multiplica por catro a calidade que ata agora disfrutábamos nos televisores Full HD. Comézanse a introducir no mercado en 2012 e supoñen unha importante mellora na calidade da imaxe que podemos disfrutar.
a última aposta do mundo da tecnoloxía foi a chegada do televisor curvo. Estas novas pantallas, que incorporan as últimas novidades en canto a calidade de imaxe, propoñen unha experiencia inmersiva que marca un antes e un despois á hora de disfrutar do televisor no noso fogar.
O televisor curvo ofrécenos un visionado uniforme e mellora o efecto panorámico das grandes pantallas. Ademais os novos avances tecnolóxicos que incorporan ofrecen unha imaxe moito máis real. 




A evolución da tecnoloxía na TV (1)


Entre os oitenta e noventa, as televisións todavía eran de tubo, cun ancho que moitas veces superaba o medio metro nos modelos máis grandes, o que supuxo un problema á hora de ubicalas en moitos ogares. os mobles de comedor adaptábanse para crear este espazo suficientemente ancho para poder colocalas. En Europa utilizábase o sistema PAL para a televisión en cor. a televisión de tubo ofrecíanos 576 liñas efectivas de imaxe.
Nos 90 comézase a producir un dos primeiros cambios importantes na televisión. trátase do cambio de aspecto dos televisores coa chegada dos primeiros televisores panorámicos, que fundamentalmente aproveitábanse para as películas e o resto de programas víanse con dúas franxas negras nos laterais.
Fai 25 anos ábrese o abanico de canais disponibles. as televisións autonómicas son unha realidade e comezan a emitir Telemadrid, Canal 9 y Canal Sur ese año. Apróbase as chegada das televisións privadas, Antena 3, Telecinco e Canal +
Outro dos grandes hitos tecnolóxicos popular nos noventa foi a chegada do teletexto. Este era a forma de informarte a través da televisión e na década dos noventa todos os modelos no mercado incorporábano como gran novidade.
A  chegada dos primeiros plasmas ao mercado pódese fechar a finais dos anos 90, aínda que no empezarían a facerse populares ata uns anos despois, xa co cambio de século. os primeiros solo eran asequibles para uns poucos privilexiados.
mentres tanto os LCD solo admitían pequenos tamaños, arredor das 32", algo que limitaba moito o seu mercado. Unha vez superada esta barreira empezaron a competir cos televisores de plasma de igual a igual.
En 2007 pecha a última fábrica en Europa occidental de televisores de tubo. a pantalla plana gañou a batalla Aún así, no nosoi país más dun 60% dos televisores dos fogares todavía son de tubo, pero os televisores deste tipo xa no se venderán como novos, ni en moitos casos reparáranse.



Steady cam


O steadycam é un sistema de suspensión e brazo recto para estabilizar a cámara durante a gravación de planos en movemento. Pódenselle engadir distintos accesorios para mellorar o resultado. a principal función dunha steadycam é que o operador de cámara poida ter a cámara anclada ao corpo para facilitar a rodaxe dun programa de televisión ou un largometraxe.
Nos últimos anos, tanto o vídeo profesional como o crecente auxe dos vídeos amateur levaron a que a utilización desta ferramenta prolifere. Fai uns anos dispor dun steadycam solo era posible en rodaxes cinematográficos ou en spots publicitarios con presupostos, xa que o alquiler destos accesorios era custoso para unha produción amateur. unha steadycam estabiliza as imaxes e evita que os movementos do poder do operador de cámara poidan ensuciar a estética da toma, polo que é moi recomendable para calquera gravación, xa que funciona coa estabilidade dun trípode pero coa liberdade de movementos para movernos pola escena.





O croma


Un Croma é unha técnica audiovisual que se usa ampliamente tanto en cine e televisión como en fotografía para extraer unha cor da imaxe e reemplazar a área que ocupaba por outra imaxe. Cando queiramos substituír un fondo ou facer que alguén estea  algún sitio concreto, gravaremos ao personaxe co croma de fondo. Esto realízase cando é demasiado custoso ou inviable rodar ao personaxe no escenario desexado, ou para evitar o laborioso recorte do personaxe fotograma a fotograma. 

  O croma deberá estar perfectamente iluminado, a ser posible cunha iluminación uniforme no fondo, e coidar a iluminación do suxeito procurando que non haxa sombras para que cando importemos ese clip de vídeo gravado no noso programa de edición e apliquemos o efecto correspondente de chroma key, o fondo substitúase pola imaxe que elixamos sen que haxa defectos ou manchas.
O croma ten que ser verde ou azul porque estas dúas cores son as colores máis alonxadas ao ton da nosa pel. a diferenza entre usar un croma verde ou un azul está no prezo; o croma azul é máis caro e o verde é máis sinxelo de iluminar, e aínda que xeralmente usaremos o verde, en ocasiones non haberá máis remedio que rodar co azul. Hai que ter en conta certos aspectos á hora de traballar cun croma como son, a cor do vestiario, o pelo, os obxectos que aparezan en escena… e se se grava en localizacións exteriores ou en interiores, ou se son de día ou de noite.




sábado, 2 de marzo de 2019

Netflix en auxe

Na actualidade estímase que o xigante conta xa con máis de 90 millóns de suscriptores (e medrando) e que ademais, estánlle xerando diariamente arredor de 100 millóns de horas de visionado. esta empresa coñece ao detalle os gustos, intereses e “lista de desexos” dos seus millóns de suscriptores. E que por tanto, sabe á perfección que debe producir para que os seus clientes estean satisfeitos. Netflix, rexistra na súa base de datos, a tempo real toda a información que o usuario xera cada vez que a utiliza. Rexistra qué serie ve, se as chega a ver completas, salteadas ou sólo o primeiro capítulo ou o último. Se do tirón ou semanalmente e se ao terminar busca unha similar ou salta a outro rango diferente de xénero, etc. Recolle métricas exactas do xénero de serie máis popular en cada país no que opera, ou cal é a máis popular dentro dun rango determinado e cal é o tipo de contido que xera tendencia entre todos os usuarios de internet. Cando entendeu que ela poseía os datos (e o poder), continuando o patrón de UX, de darlle o mellor aos seus usuarios para que nunca marchen e sigan renovando, comezou a producir os seus propios contidos. Sólo tiña que facer que foran tan famosos como os que distribúen os outros.