A retroproxección é
unha técnica na que actores reais son filmados simultáneamente a unha proxección
sobre unha pantalla que se atopa detrás de elos. Esta técnica foi utilizada por
exemplo para rodar unha escena da película ”Con la muerte en los talones”. Nesa
escena vense planos nos que Cary Grant tírase ao chan mentres un avión échaselle
encima para asasinalo. o actor tirábase ao chan dun decorado mentres detrás,
sobre unha pantalla de cine, estábase proxectando plano do avión acercándose frontalmente a toda
velocidade.
a retroproxección permite que un actor ou un obxecto poidan
verse diante dun plano proxectado contra unha pantalla que se atopa xusto
detrás. Sen embargo esto non permite que a cámara que está filmando o conxunto poida
moverse. En 1978, para a película Superman, Zoran Perisic ideou a técnica
zoptic, que consiste en dotar ao proxector dun zum sincronizado con outro zum,
situado á súa vez na cámara que filma o plano. Deste modo cando a cámara aproxímase
a Superman mentres que este está en voo, o plano proxectado detrás aumenta de
tamaño na mesma proporción, creando a ilusión de que a cámara está filmando a
un home no seu entorno inmediato e que este está realmente voando.
Escena do avión: https://www.youtube.com/watch?v=RLqaYJsyvEk
Escena do avión: https://www.youtube.com/watch?v=RLqaYJsyvEk
No hay comentarios:
Publicar un comentario