martes, 5 de marzo de 2019

Matte painting


Nesta técnica píntase un decorado sobre unha placa de vidro, deixando libre de pintura (e por tanto transparente) a zona do plano onde deberá verse aos actores. Cando se proxecta a filmación dos actores detrás da placa de vidro, a cámara pode filmar o conxunto, dando a sensación de que os actores están insertados no decorado pintado. Canto máis realista sexa a pintura sobre vidro mellor conseguida estará a sensación de realidade. Entre as primeiras películas que utilizaron esta técnica estiveron King Kong, ou Ciudadano Kane. Outros exemplos de grandes producións que usaron matte paintings son Star Wars, ET, Blade Runner, El señor de los anillos, Avatar ou Transformers. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario