jueves, 28 de febrero de 2019

filosofía trala pantalla

O cine, incluso nos xéneros máis populares e comerciais, coqueteou cos grandes sistemas filosóficos, sacando partido do legado de Spinoza, Kant, Hegel e Sartre. Nietzsche foi moi frecuentado nalgunhas películas de superheroes, como na saga protagonizada por Conan e a súa espada invencible. E sen o existencialismo de Jean Paul Sartre non teríamos as obras maestras sobre a angustia e incomunicación humana que propuxo Michelangelo Antonioni en La noche e El eclipse. E sen os tormentos de Sören Kierkegaard non teríamos as angustias do ser humano ante os enigmas da súa natureza e do máis alá que Ingmar Bergman plantexou nos inquietantes claroscuros de El séptimo sello, El silencio e Persona. Pero un dos sectores que máis xogou cos enigmas filosóficos foi, obviamente, a ciencia ficción. 2001. Una odisea del espacio, de Stanley Kubrick e coa inspiración do físico Arthur C. Clarke, baseouse nun tratado especulativo acerca da orixe e do destino da especie humana no cosmos, dos seus límites. Na era dos omnipotentes trucos dixitais o seu eco en Interstellar, de Christopher Nolan, non conseguiu facerlle sombra. Mentres que a metafísica do combate entre o Ben e o Mal produxo unha saga iniciada con La guerra de las galaxias, de George Lucas, pródiga en secuelas e precuelas, que confundirían ao propio Henri Bergson, o filósofo do tempo.

La Rosa púrpura del Cairo: https://youtu.be/zEuKYIF5ob8


O eclipse: https://youtu.be/5SGFjuQLdY8


a televisión como forma de sometemento


Na nosa sociedade, a lei do número dita o que é socialmente correcto. O poder da televisión reside, precisamente, na simultaneidade e infiltración dunha determinada mensaxe en infinidade de cerebros. Iso chámase nivel de audiencia. Miles de millóns de persoas podemos ser “activadas” nun momento, unha capacidade colosal que sería pouco sensato non valorar nas súas repercusións. Implacablemente, a televisión ten un hábil efecto demoledor. Día a día modela crenzas e actitudes, y constitúe a principal fonte de socialización. Paralelamente, vai gañando terreo un empobrecemento da capacidade de entender. os mecanismos naturais de defensa do cerebro humano actúan eficazmente no seu propio nivel de conciencia. É alí onde o individuo participa activamente na comprensión da información que recibe. as imaxes televisadas, sen embargo, introdúcense no suxeito eludindo esta participación activa. o grave desta cuestión é que, mentres a linguaxe escrita é racional, a linguaxe visual é emocional, é dicir, a imaxe sáltase todos os filtros intelectuais que poidan matizala, meditala ou criticala, e vai directa ao mundo das sensacións e dos sentimentos do espectador. o individuo percibe pasivamente o que se lle ofrece, pero cun maior grao de adhesión porque se sitúa no nivel da inconsciencia, o cal nos leva a un ver sen entender.









O CGI

As imaxes creadas por ordenador ou CGI (Computer Generated Image) son habituais no cine de atraccións actual. O desenvolvemento das tecnoloxías de post-produción están permitindo que a súa creación sexa cada vez máis accesibles a cineastas independentes, mentres que o espectador cada vez ten máis dificultades para distinguir que é real, e que non. A partir da grabación da película "2001 Odisea en el espacio" , a post-producción e edición dixital vólvese un estándar na industria, co cal a liña de tempo podería ser tan exhaustiva como quixéramos. Películas como a saga ‘Star Wars’, ‘Matrix’, ‘Avatar’, ‘Origen’ ou a recente ‘Ready Player One’ foron rompendo os esquemas das súas épocas e demostran que hoxe en día todo é posible no cine.