Un Croma é unha técnica audiovisual que se usa ampliamente
tanto en cine e televisión como en fotografía para extraer unha cor da imaxe e
reemplazar a área que ocupaba por outra imaxe. Cando queiramos substituír un
fondo ou facer que alguén estea algún
sitio concreto, gravaremos ao personaxe co croma de fondo. Esto realízase cando
é demasiado custoso ou inviable rodar ao personaxe no escenario desexado, ou
para evitar o laborioso recorte do personaxe fotograma a fotograma.
O croma deberá estar
perfectamente iluminado, a ser posible cunha iluminación uniforme no fondo, e coidar
a iluminación do suxeito procurando que non haxa sombras para que cando
importemos ese clip de vídeo gravado no noso programa de edición e apliquemos o
efecto correspondente de chroma key, o fondo substitúase pola imaxe que elixamos
sen que haxa defectos ou manchas.
O croma ten que ser verde ou azul porque estas dúas cores
son as colores máis alonxadas ao ton da nosa pel. a diferenza entre usar un
croma verde ou un azul está no prezo; o croma azul é máis caro e o verde é máis
sinxelo de iluminar, e aínda que xeralmente usaremos o verde, en ocasiones non
haberá máis remedio que rodar co azul. Hai que ter en conta certos aspectos á
hora de traballar cun croma como son, a cor do vestiario, o pelo, os obxectos
que aparezan en escena… e se se grava en localizacións exteriores ou en interiores,
ou se son de día ou de noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario