jueves, 28 de febrero de 2019

filosofía trala pantalla

O cine, incluso nos xéneros máis populares e comerciais, coqueteou cos grandes sistemas filosóficos, sacando partido do legado de Spinoza, Kant, Hegel e Sartre. Nietzsche foi moi frecuentado nalgunhas películas de superheroes, como na saga protagonizada por Conan e a súa espada invencible. E sen o existencialismo de Jean Paul Sartre non teríamos as obras maestras sobre a angustia e incomunicación humana que propuxo Michelangelo Antonioni en La noche e El eclipse. E sen os tormentos de Sören Kierkegaard non teríamos as angustias do ser humano ante os enigmas da súa natureza e do máis alá que Ingmar Bergman plantexou nos inquietantes claroscuros de El séptimo sello, El silencio e Persona. Pero un dos sectores que máis xogou cos enigmas filosóficos foi, obviamente, a ciencia ficción. 2001. Una odisea del espacio, de Stanley Kubrick e coa inspiración do físico Arthur C. Clarke, baseouse nun tratado especulativo acerca da orixe e do destino da especie humana no cosmos, dos seus límites. Na era dos omnipotentes trucos dixitais o seu eco en Interstellar, de Christopher Nolan, non conseguiu facerlle sombra. Mentres que a metafísica do combate entre o Ben e o Mal produxo unha saga iniciada con La guerra de las galaxias, de George Lucas, pródiga en secuelas e precuelas, que confundirían ao propio Henri Bergson, o filósofo do tempo.

La Rosa púrpura del Cairo: https://youtu.be/zEuKYIF5ob8


O eclipse: https://youtu.be/5SGFjuQLdY8


No hay comentarios:

Publicar un comentario