jueves, 28 de febrero de 2019

a televisión como forma de sometemento


Na nosa sociedade, a lei do número dita o que é socialmente correcto. O poder da televisión reside, precisamente, na simultaneidade e infiltración dunha determinada mensaxe en infinidade de cerebros. Iso chámase nivel de audiencia. Miles de millóns de persoas podemos ser “activadas” nun momento, unha capacidade colosal que sería pouco sensato non valorar nas súas repercusións. Implacablemente, a televisión ten un hábil efecto demoledor. Día a día modela crenzas e actitudes, y constitúe a principal fonte de socialización. Paralelamente, vai gañando terreo un empobrecemento da capacidade de entender. os mecanismos naturais de defensa do cerebro humano actúan eficazmente no seu propio nivel de conciencia. É alí onde o individuo participa activamente na comprensión da información que recibe. as imaxes televisadas, sen embargo, introdúcense no suxeito eludindo esta participación activa. o grave desta cuestión é que, mentres a linguaxe escrita é racional, a linguaxe visual é emocional, é dicir, a imaxe sáltase todos os filtros intelectuais que poidan matizala, meditala ou criticala, e vai directa ao mundo das sensacións e dos sentimentos do espectador. o individuo percibe pasivamente o que se lle ofrece, pero cun maior grao de adhesión porque se sitúa no nivel da inconsciencia, o cal nos leva a un ver sen entender.









No hay comentarios:

Publicar un comentario