O cine, incluso nos xéneros máis populares e comerciais,
coqueteou cos grandes sistemas filosóficos, sacando partido do legado de
Spinoza, Kant, Hegel e Sartre. Nietzsche foi moi frecuentado nalgunhas
películas de superheroes, como na saga protagonizada por Conan e a súa espada
invencible. E sen o existencialismo de Jean Paul Sartre non teríamos as obras
maestras sobre a angustia e incomunicación humana que propuxo Michelangelo
Antonioni en La noche e El eclipse. E sen os tormentos de Sören Kierkegaard non
teríamos as angustias do ser humano ante os enigmas da súa natureza e do máis
alá que Ingmar Bergman plantexou nos inquietantes claroscuros de El séptimo
sello, El silencio e Persona. Pero un dos sectores que máis xogou cos enigmas
filosóficos foi, obviamente, a ciencia ficción. 2001. Una odisea del espacio,
de Stanley Kubrick e coa inspiración do físico Arthur C. Clarke, baseouse nun
tratado especulativo acerca da orixe e do destino da especie humana no cosmos,
dos seus límites. Na era dos omnipotentes trucos dixitais o seu eco en
Interstellar, de Christopher Nolan, non conseguiu facerlle sombra. Mentres que
a metafísica do combate entre o Ben e o Mal produxo unha saga iniciada con La
guerra de las galaxias, de George Lucas, pródiga en secuelas e precuelas, que
confundirían ao propio Henri Bergson, o filósofo do tempo.
La Rosa púrpura del Cairo: https://youtu.be/zEuKYIF5ob8
O eclipse: https://youtu.be/5SGFjuQLdY8