viernes, 5 de octubre de 2018

Os trucos do cine

Benvidos ao meu blog. Neste blog falarei de todo o relacionado co cine, coa televisión e un pouco da radio.
Nesta primeira entrada estarei falando de todos os trucos que utilizan e que todos nos preguntamos como o fan.
O primeiro do que falarei é nas escenas nas que os actores fuman. Como siempre se repiten as tomas, os cigarros que fuman están feitos de ingredentes naturais. Relacionado co tabaco, falarei das drogas. En moitas películas aparecen actores esnifando "cocaína" pero en realidade trátase de lactosa en polvo ou poñen vaselina nun tubo para que o polvo non entre.
Por outra parte, o sangue que se utiliza normalmente está feito de sirope e colorante alimenticio. Cando as películas eran en branco e negro, utilizabase sirope de chocolate con agua, esta fórmula utilizouse na película "Psicósis".
Outras escenas moi famosas son cando os actores dan un botellazo a outros. Esas botellas están feitas de azucre. Pero cando se trata de moito cristal úsanse finas láminas de plástico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario