martes, 5 de marzo de 2019

A evolución da tecnoloxía na TV (1)


Entre os oitenta e noventa, as televisións todavía eran de tubo, cun ancho que moitas veces superaba o medio metro nos modelos máis grandes, o que supuxo un problema á hora de ubicalas en moitos ogares. os mobles de comedor adaptábanse para crear este espazo suficientemente ancho para poder colocalas. En Europa utilizábase o sistema PAL para a televisión en cor. a televisión de tubo ofrecíanos 576 liñas efectivas de imaxe.
Nos 90 comézase a producir un dos primeiros cambios importantes na televisión. trátase do cambio de aspecto dos televisores coa chegada dos primeiros televisores panorámicos, que fundamentalmente aproveitábanse para as películas e o resto de programas víanse con dúas franxas negras nos laterais.
Fai 25 anos ábrese o abanico de canais disponibles. as televisións autonómicas son unha realidade e comezan a emitir Telemadrid, Canal 9 y Canal Sur ese año. Apróbase as chegada das televisións privadas, Antena 3, Telecinco e Canal +
Outro dos grandes hitos tecnolóxicos popular nos noventa foi a chegada do teletexto. Este era a forma de informarte a través da televisión e na década dos noventa todos os modelos no mercado incorporábano como gran novidade.
A  chegada dos primeiros plasmas ao mercado pódese fechar a finais dos anos 90, aínda que no empezarían a facerse populares ata uns anos despois, xa co cambio de século. os primeiros solo eran asequibles para uns poucos privilexiados.
mentres tanto os LCD solo admitían pequenos tamaños, arredor das 32", algo que limitaba moito o seu mercado. Unha vez superada esta barreira empezaron a competir cos televisores de plasma de igual a igual.
En 2007 pecha a última fábrica en Europa occidental de televisores de tubo. a pantalla plana gañou a batalla Aún así, no nosoi país más dun 60% dos televisores dos fogares todavía son de tubo, pero os televisores deste tipo xa no se venderán como novos, ni en moitos casos reparáranse.



Steady cam


O steadycam é un sistema de suspensión e brazo recto para estabilizar a cámara durante a gravación de planos en movemento. Pódenselle engadir distintos accesorios para mellorar o resultado. a principal función dunha steadycam é que o operador de cámara poida ter a cámara anclada ao corpo para facilitar a rodaxe dun programa de televisión ou un largometraxe.
Nos últimos anos, tanto o vídeo profesional como o crecente auxe dos vídeos amateur levaron a que a utilización desta ferramenta prolifere. Fai uns anos dispor dun steadycam solo era posible en rodaxes cinematográficos ou en spots publicitarios con presupostos, xa que o alquiler destos accesorios era custoso para unha produción amateur. unha steadycam estabiliza as imaxes e evita que os movementos do poder do operador de cámara poidan ensuciar a estética da toma, polo que é moi recomendable para calquera gravación, xa que funciona coa estabilidade dun trípode pero coa liberdade de movementos para movernos pola escena.





O croma


Un Croma é unha técnica audiovisual que se usa ampliamente tanto en cine e televisión como en fotografía para extraer unha cor da imaxe e reemplazar a área que ocupaba por outra imaxe. Cando queiramos substituír un fondo ou facer que alguén estea  algún sitio concreto, gravaremos ao personaxe co croma de fondo. Esto realízase cando é demasiado custoso ou inviable rodar ao personaxe no escenario desexado, ou para evitar o laborioso recorte do personaxe fotograma a fotograma. 

  O croma deberá estar perfectamente iluminado, a ser posible cunha iluminación uniforme no fondo, e coidar a iluminación do suxeito procurando que non haxa sombras para que cando importemos ese clip de vídeo gravado no noso programa de edición e apliquemos o efecto correspondente de chroma key, o fondo substitúase pola imaxe que elixamos sen que haxa defectos ou manchas.
O croma ten que ser verde ou azul porque estas dúas cores son as colores máis alonxadas ao ton da nosa pel. a diferenza entre usar un croma verde ou un azul está no prezo; o croma azul é máis caro e o verde é máis sinxelo de iluminar, e aínda que xeralmente usaremos o verde, en ocasiones non haberá máis remedio que rodar co azul. Hai que ter en conta certos aspectos á hora de traballar cun croma como son, a cor do vestiario, o pelo, os obxectos que aparezan en escena… e se se grava en localizacións exteriores ou en interiores, ou se son de día ou de noite.




sábado, 2 de marzo de 2019

Netflix en auxe

Na actualidade estímase que o xigante conta xa con máis de 90 millóns de suscriptores (e medrando) e que ademais, estánlle xerando diariamente arredor de 100 millóns de horas de visionado. esta empresa coñece ao detalle os gustos, intereses e “lista de desexos” dos seus millóns de suscriptores. E que por tanto, sabe á perfección que debe producir para que os seus clientes estean satisfeitos. Netflix, rexistra na súa base de datos, a tempo real toda a información que o usuario xera cada vez que a utiliza. Rexistra qué serie ve, se as chega a ver completas, salteadas ou sólo o primeiro capítulo ou o último. Se do tirón ou semanalmente e se ao terminar busca unha similar ou salta a outro rango diferente de xénero, etc. Recolle métricas exactas do xénero de serie máis popular en cada país no que opera, ou cal é a máis popular dentro dun rango determinado e cal é o tipo de contido que xera tendencia entre todos os usuarios de internet. Cando entendeu que ela poseía os datos (e o poder), continuando o patrón de UX, de darlle o mellor aos seus usuarios para que nunca marchen e sigan renovando, comezou a producir os seus propios contidos. Sólo tiña que facer que foran tan famosos como os que distribúen os outros.



jueves, 28 de febrero de 2019

filosofía trala pantalla

O cine, incluso nos xéneros máis populares e comerciais, coqueteou cos grandes sistemas filosóficos, sacando partido do legado de Spinoza, Kant, Hegel e Sartre. Nietzsche foi moi frecuentado nalgunhas películas de superheroes, como na saga protagonizada por Conan e a súa espada invencible. E sen o existencialismo de Jean Paul Sartre non teríamos as obras maestras sobre a angustia e incomunicación humana que propuxo Michelangelo Antonioni en La noche e El eclipse. E sen os tormentos de Sören Kierkegaard non teríamos as angustias do ser humano ante os enigmas da súa natureza e do máis alá que Ingmar Bergman plantexou nos inquietantes claroscuros de El séptimo sello, El silencio e Persona. Pero un dos sectores que máis xogou cos enigmas filosóficos foi, obviamente, a ciencia ficción. 2001. Una odisea del espacio, de Stanley Kubrick e coa inspiración do físico Arthur C. Clarke, baseouse nun tratado especulativo acerca da orixe e do destino da especie humana no cosmos, dos seus límites. Na era dos omnipotentes trucos dixitais o seu eco en Interstellar, de Christopher Nolan, non conseguiu facerlle sombra. Mentres que a metafísica do combate entre o Ben e o Mal produxo unha saga iniciada con La guerra de las galaxias, de George Lucas, pródiga en secuelas e precuelas, que confundirían ao propio Henri Bergson, o filósofo do tempo.

La Rosa púrpura del Cairo: https://youtu.be/zEuKYIF5ob8


O eclipse: https://youtu.be/5SGFjuQLdY8


a televisión como forma de sometemento


Na nosa sociedade, a lei do número dita o que é socialmente correcto. O poder da televisión reside, precisamente, na simultaneidade e infiltración dunha determinada mensaxe en infinidade de cerebros. Iso chámase nivel de audiencia. Miles de millóns de persoas podemos ser “activadas” nun momento, unha capacidade colosal que sería pouco sensato non valorar nas súas repercusións. Implacablemente, a televisión ten un hábil efecto demoledor. Día a día modela crenzas e actitudes, y constitúe a principal fonte de socialización. Paralelamente, vai gañando terreo un empobrecemento da capacidade de entender. os mecanismos naturais de defensa do cerebro humano actúan eficazmente no seu propio nivel de conciencia. É alí onde o individuo participa activamente na comprensión da información que recibe. as imaxes televisadas, sen embargo, introdúcense no suxeito eludindo esta participación activa. o grave desta cuestión é que, mentres a linguaxe escrita é racional, a linguaxe visual é emocional, é dicir, a imaxe sáltase todos os filtros intelectuais que poidan matizala, meditala ou criticala, e vai directa ao mundo das sensacións e dos sentimentos do espectador. o individuo percibe pasivamente o que se lle ofrece, pero cun maior grao de adhesión porque se sitúa no nivel da inconsciencia, o cal nos leva a un ver sen entender.









O CGI

As imaxes creadas por ordenador ou CGI (Computer Generated Image) son habituais no cine de atraccións actual. O desenvolvemento das tecnoloxías de post-produción están permitindo que a súa creación sexa cada vez máis accesibles a cineastas independentes, mentres que o espectador cada vez ten máis dificultades para distinguir que é real, e que non. A partir da grabación da película "2001 Odisea en el espacio" , a post-producción e edición dixital vólvese un estándar na industria, co cal a liña de tempo podería ser tan exhaustiva como quixéramos. Películas como a saga ‘Star Wars’, ‘Matrix’, ‘Avatar’, ‘Origen’ ou a recente ‘Ready Player One’ foron rompendo os esquemas das súas épocas e demostran que hoxe en día todo é posible no cine.



sábado, 17 de noviembre de 2018

corrección de cor

En moitas películas, a direción de fotografía está concebida para darlles un aspecto irreal, que resulta moi atractivo e estético que se alonxa do que vemos no noso día a día. As imaxes solen estar contrastadas e iluminadas con cores que lles aportan un maior dramatismo. Unha vez grabas as imaxes e as teñas metidas no programa de edición, podes xogar co contraste, a saturación e grao de cor para obter un look máis interesante. Aumenta lixeiramente o contraste para destacar os negros e aplica unha pequena corrección de cor para cambiar o tono da imaxe.



martes, 6 de noviembre de 2018

Relación de aspecto

Algo moi básico que caracteriza ao cine é esa relación de aspecto que fai que a imaxe sexa ultrapanorámica. Se diferenza do formato 16/9 propio do vídeo en full hd en que a altura da imaxe é menor. Podemos simular esto fácilmente engadindo dúas bandas negras, unha na parte superior e outra na inferior da imaxe ata dar co formato desexado; pero moito ollo, se pensas en engadir estas bandas ao teu vídeo procura grabar con iso en mente porque en montaxe te podes atopar con que as bandas tapan algún elemento importante do encadre.


viernes, 2 de noviembre de 2018

A iluminación

A luz é un elemento imprescindible para a linguaxe cinematográfica. Sen luz, non hai cine, non hai produción audiovisual. A iluminación crea sombras, arrugas, rexuvenece, evellece e crea efectos psicolóxicos do personaxe e en función de onde se coloque cambia a atmosfera da película. E así como os ángulos da cámara, tamén a luz ten ángulos, como a luz cenital, a enfática, lateral, frontal, contraluz.


domingo, 28 de octubre de 2018

A cor

A cor é moi importante porque con esta, se lle da ás imxes un valor cognoscitivo. Cada cor transmite un sentimento polo que os creadores de contido xogan con ese factor para que en cada escena sintamos o que o director queira. Esta técnica tamén é usada nas marcas para que consumamos o seu produto, por exemplo, cando pensas en comida rápida pensas no vermello e amarelo, xa que son as cores de Mcdonalds ou Burger King. Estas empresas elixiron esas cores xa que o vermello transmite hambre e o amarillo felicidade.



viernes, 26 de octubre de 2018

O son

O son é sumamente importante porque vén sendo como o 50% ou máis do noso produto audiovisual. Se temos un vídeo cunha imaxe moi boa pero o son é pésimo, corremos o riesgo de perder á nosa audiencia.
A música ou banda sonora, o diálogo, os efectos sonoros e incluso os silencios son partes do son e este nos axuda a darlle sentido e realismo á nosa historia. Podes comprobalo se te imaxinas a túa escena favorita de calquer película pero co son erróneo.


domingo, 21 de octubre de 2018

O ritmo fílmico


O ritmo é unha impresión dinámica creada pola duración dos planos, polas intensidades dramáticas e polo efecto da montaxe. O ritmo pode ser rápido ou lento e dará sentido á nosa escena.
Está composto por tres tipos de ritmos: o visual interno ou externo, que é a imaxe en movemento composta por fotogramas que vemos proxectada; o auditivo que se compón de sons incidentais e a banda sonora;  e o narrativo representado polo desenvolvemento da acción e encadre.
El ritmo depende do tempo, do tema e do dramatismo da escena.